Lecturas Rebuldeiras. IES Monte das Moas
viernes, 19 de junio de 2026
Festa de despedida de Colaboradores e Mellores lectores.
martes, 2 de junio de 2026
Últimas lecturas do grupo de 3ºESO
O grupo de lectura de 3º ESO leu Wonder en inglés durante o segundo trimestre, acompañados pola súa profesora de inglés. Wonder é unha novela escrita por R. J. Palacio que conta a historia de August Pullman, un neno cunha deformidade facial que por primeira vez asiste a unha escola ordinaria. Ao longo do libro, Auggie enfróntase aos prexuízos, ás burlas e ás dificultades para encaixar, pero tamén descobre a amizade, a empatía e a importancia de ser amable cos demais.
Ests fantástico grupo rematou lendo A curva da pantasma, de Fran Alonso, acompañados pola súa titora e Brais, Sara, Antía e Claudia fixeron a seguinte reseña para o blog:
"A curva da pantasma é un libro que recolle as historias e lendas populares galegas e os moderniza, aínda que tamén ten algunha que outra inventada. Cada unha ten unhas dez páxinas.
En xeral, pareceuns un libro entretido e fácil de ler. Houbo historias ben adaptadas e outras que non nos gustaron desta adaptación. Atopamos vocabulario avanzado nalgunhas historias e algunhas eran cansas de ler.
As nosas historias favoritas foron "A vella da oficina bancaria", que trataba dunha muller de avanzada idade que ía ao banco, non atenderon os seus problemas tecnolóxicos e acabou vingándose. Tamén "A misteriosa caixa de mistos", que conta a historia dun fumador que entra no bus. O condutor dálle unha caixa de mistos para que acenda un cigarro e nesa caixa había algo impactante".
lunes, 11 de mayo de 2026
CLUB DE 1º ESO C-D
A novela destaca pola súa trama chea de intriga, os seus personaxes ben construídos e un desenlace sorprendente que mantén o interese do lector ata o final. Ademais, invita a reflexionar sobre a xustiza, a moral e as diferentes perspectivas sobre o crime.
Resultou unha lectura moi recomendable para as persoasdo club afeccionadas ás historias de misterio e investigación.
viernes, 30 de enero de 2026
CLUB DE 1º ESO C-D. Primeiro trimestre
A principios de xaneiro rematamos de ler La rama seca del cerezo, de Rafael Salmerón, Premio Anaya xuvenil 2021. A historia presenta personaxes que deben afrontar situacións difíciles, tomar decisións importantes e descubrir o valor da amizade, da familia e da superación.
A obra consegue captar o interese do lector desde as primeiras páxinas. Ademais, transmite valores como a empatía, a responsabilidade e a importancia de afrontar os problemas con valentía. Destaca ademais, pola súa linguaxe poética e moi coidada, a par de sinxela.
É unha lectura entretida e reflexiva, que nos deu moito que comentar e que nos gustou moito.
![]() |
| Algúns dos membros do club alegres por rematar esta lectura. |
viernes, 19 de diciembre de 2025
CLUB DE 4º. Primeiro trimestre.
Durante o primeiro trimestre o grupo de 4º leu Como agua para chocolate. É unha novela que foi recoñecida como unha das obras máis destacadas da literatura hispana do século XX e foi escrita en 1989 por Laura Esquivel. A obra trata sobre unha muller chamada Tita, que relata o día a día das súas historias de amor e das relacións familiares que vive na súa casa. Todo está ambientado arredor da importancia da cociña e das receitas gastronómicas de México, tan significativas para esta personaxe protagonista.
Ao rematar a lectura o grupo desfrutou do visionado da película.
CLUB DE LECTURA DE 3º. Primer tirmestre
A obra destaca pola súa intensidade emocional, pola descrición dun mundo postapocalíptico moi realista e pola evolución dos personaxes. A través da historia, o autor reflexiona sobre a supervivencia, a perda da inocencia, o amor fraternal e a capacidade humana para seguir adiante mesmo nas circunstancias máis difíciles. É unha lectura impactante que invita á reflexión sobre a sociedade e a condición humana.
Velaquí a reseña e a opinión peroal que algúns membros do club deixaron por escito:
![]() |
| Brais, Sara, Antía e Claudia fixeron esta reseña da súa lectura. |
viernes, 31 de octubre de 2025
Iniciamos os Clubs de lectura 25-26
Como cada ano, no IES Monte das Moas puxemos en marcha a andadura dos clubs de lectura no mes de outubro, actividade que se propón como fomento do hábito lector do noso alumnado porque inclúe varias das condicións necesarias para motivar aos lectores e lectoras destas idades: a posibilidade de comunicación cos seus iguais e a oportunidade de compartir gustos, inquedanzas, significados, emocións e opinións sobre as súas lecturas. E tamén, coma todos os anos, incorporamos profesorado novo para substituir aquel que fai unha paréntese na coordinación desta actividade.
viernes, 13 de junio de 2025
Festa de peche do Club de lectura
No día de hoxe, no segundo recreo, tivo lugar a nosa particular celebración de peche do Club de lectura deste curso, a entrega de premios aos mellores lectores do terceiro trimestre, xunto ao agradecemento aos noso colaboradores de biblioteca e a entrega de premios do Concurso de Microrrelatos que fixemos polo día do libro.
Foi unha xornada moi alegre, chea de diplomas e regaliños. Contamos, ademias, coa presenza dun colaborador moi especial para nós, o alumno do ano pasado Daniel Collazo, que quixo acompañarnos e animar ao alumnado deste curso a seguir colaborando coa Biblioteca escolar. Agradecemosvos a vosa participación nas actividades da Biblioteca e esperámosvos o próximo curso.
![]() |
| Mellores lectores do 3º trimestre: Antía, Sara e Adrián. |
viernes, 8 de noviembre de 2024
Club de 1º ESO CDE
jueves, 13 de junio de 2024
VALORACIÓNS DO CLUB DE LECTURA EN LINGUA GALEGA
VALORACIÓNS SOBRE O CLUB DE LECTURA EN LINGUA GALEGA
Apunteime ao club de lectura porque me encanta ler e non hai mellor maneira de facelo que nun club coas miñas amigas e compañeiras.
O libro que máis me gustou foi O señor Ibrahim e as flores do Corán porque amosa unha historia de superación dun neno que non naceu na mellor familia, pero coa axuda dunha boa compañía, tivo un futuro mellor.
O roteiro sobre Luisa Villalta foi unha marabillosa experiencia literaria que demostra que ler é algo máis que un libro. Ler é unha forma de unir á xente.
Gabriela López Iglesias (1º Bach A)
Este ano o club de lectura foi das mellores actividades do curso. Encantáronme todos os libros que limos, especialmente no primeiro trimestre, cando o normal era que polo menos un non me gustase. Como actividade final fixemos un roteiro, coñecendo un pouco máis a obra de Luisa Villalta e vendo os lugares máis simbólicos nela; foi a mellor actividade do club.
Durante todo o ano coñecemos moitos autores e traballamos distintos xéneros. Foi sen dúbida o mellor ano no club de lectura, recoméndoo moito.
Ana María Polanco Ramos (1º Bach B)
Quería compartir contigo a miña experiencia deste ano no club de lectura, e a verdade é que só teño cousas positivas que dicir. Aprendemos moito e, ademais, foi moi divertido.
Gustáronme todos os libros que lemos, pero se tivera que escoller, destacaría un dos dous primeiros como o meu favorito, os poemarios de Carlos Negro, e o que menos me gustou foi a BD de Memorias dun neno labrego.
Sen dúbida, o que máis me encantou foi o roteiro onde descubrimos tantas cousas interesantes sobre Luísa Villalta.
Moitas grazas por implicarte tanto e facer desta experiencia algo tan especial.
Sofía Calderón Iglesias (1º Bach B)
Este ano participei no Club de Lectura, todas as obras foron moi interesantes pero as de Luísa Villalta foron as miñas favoritas, O Papagaio foi a máis impactante e encantoume descubrila. Recomendaría esta actividade porque adorei descubrir novos autores e poder ler cousas entretidas que non escollería pola miña conta.
Iria Tosar Porto (1º Bach C)
A min gustoume moito a club de lectura, xa que hai tempo engancheime por completo a ler, e gustoume ver as opinións doutros compañeiros (ademais da miña) sobre un libro que leramos todos. Non sabería dicir algo que non me gustara, a verdade. Penso que estivo ben organizado tendo en conta as outras obrigas escolares. Pero o que si teño claro, é a miña cousa favorita da experiencia e foi visitar a imprenta da avenida de Navarra durante o Roteiro de Luísa Villalta. Fíxome moita ilusión ver como traballaban os libros, ademais das diversas técnicas á antiga que nos ensinaron. Espero no próximo ano, ou cando poida, volver formar parte doutro club de lectura!!
Elisa Blanco Rodríguez (1º Bach B)
Foi unha gran experiencia, descubrín a poesía, un xénero que nunca me chamou a atención e que sen dúbida algunha seguirei lendo. A experiencia do roteiro foi moi interactiva e moi interesante, descubrín moitas cousas tanto da miña cidade como de Luísa Villalta.
Daniela Pita Naveira (1º Bach C)
A miña participación no Clube de Lectura foi moi enriquecedora, disfrutei moito das actividades, sobre todo do roteiro, aínda que non o tivese feito completo. Gustoume a poesía de Luisa Villalta, aínda que o libro que máis me gustou foi O señor Ibrahim e as flores do Corán.
Paula Rodeiro Iglesias (1º Bach C)
Este ano volvín participar no club de lectura e outro ano máis volveume encantar. Neste club de lectura descubrín novos autores e libros que me encantaron e que desfrutei moito. Tamén fixemos un roteiro, que foi a miña actividade favorita, da que máis aprendín e na que vimos moitos sitios. Recoméndolle a todo o mundo participar no club de lectura para gozar dunha actividade tan entretida.
Manuela Noya Silveira (1º Bach C)
O clube de lectura deste ano, ademais de ser o último ano ao que poderei asistir, foi unha grata sorpresa e moi diferente aos clubes doutros anos.
Unha novidade que agradecín foi que lemos sobre todo poesía e banda deseñada, o que foi moi práctico xa que podes lelo do tirón sen ter que parar porque o resto do grupo non le os capítulos que tocan.
Moi diferente do que esperaba e moi entretido ler libros máis curtos sen ser de narrativa permitiu ler unha maior cantidade de libros.
Ademais a excursión do roteiro agradeceuse!!
Mencía Bergondo García (1º Bach A)
O club de lectura deste ano estivo moi ben, as sesión mensuais axustábanse aos nosos horarios e os libros a ler foron adecuados. Unha das obras a destacar foi a versión cómic do libro Memorias dun neno labrego, tamén teño que recalcar o roteiro literario que foi unha gran experiencia e supuxo unha gran aprendizaxe sobre tanto a literatura galega coma da utilización das imprentas. Aínda que cos exames non se ten tanto tempo e podes non chegar a ler todo, o club é bastante flexible e recomendo a participación neste totalmente.
Carla García Soto 1º BACH A
viernes, 24 de mayo de 2024
CLUB DE LECTURA DE 2º ESO
Durante o terceiro trimestre escollemos unha obra de teatro traducida ó galego da gran escritora de suspense Agatha Christie, A rateira. Entre os primeiros hóspedes da mansión Monkswell, aislados por unha gran tormenta de neve, atópase un asasino. A intranquilidade e a desconfianza espállase entre eles. Quen descubrirá ó culpable? O gusto pola intriga e a maestría da autora na creación de atmósferas fixeron que léramos este relato policial axina.
Na última sesión visionamos e comentamos parte dunha das múltiples versións de esta representación teatral que podemos atopar na rede, como esta que escollemos de Morfeo Teatro.
CLUB LECTURA 4º ESO
O título escollido para o último trimestre, entre algunhas outras propostas foi
Como agua para chocolate, de Laura Esquivel. Esta magnífica novela do
Realismo máxico impresionou e gustou a partes iguais a todos os participantes: esa
historia de amor imposible, creada arredor das comidas que a súa protagonista iba
elaborando, sentindo, vivindo e transmitindo a todos os comensais, enmarcada noutro
país, noutra época e noutra cultura, con tradicións para eles incomprensibles na época
actual, nos os deixou indiferentes. Ao finalizar a lectura dedicamos unha sesión do luns
27 de maio ao mediodía ao visionado da película dirixida por Alfonso Arau en 1992.
Non defraudou.
lunes, 20 de mayo de 2024
ROTEIRO LITERARIO POLAS RÚAS CORUÑESAS DE LUÍSA VILLALTA
Na tarde de hoxe case todas as persoas participantes no Club de Lectura de 1º Bach participaron nun roteiro de case catro horas polas rúas, prazas e lugares coruñeses polos que transitou ou que poetizou a estupenda homenaxeda nas Letras Galegas 2024, Luísa Villalta.
Na última sesión do Club de Lectura repartíronse varios libros, poemarios e antoloxías poéticas da poesía dela para que durante o último mes puidesen intercambialos entre elas e poder coñecer, ler e mergullarse na poesía villaltiana.
As obras que lemos son estas que recollemos nas seguintes fotografías:
![]() |
| Fronte á casa natal da escritora |
![]() |
| Placa na Casa Natal de Luísa Villalta |
![]() |
| Nos xardíns de Catro Camiños |
![]() |
| No Papagaio |


























































