Entre o segundo e o terceiro trimestre o grupo de 1º ESO en castelán rematou de ler e traballar esta destacada obra de Agatha Chistie, a dama do crime.
Asasinato no Orient Express é unha das novelas máis coñecidas da literatura policial. Publicada en 1934, conta a historia dun misterioso asasinato cometido a bordo do famoso tren Orient Express durante unha viaxe por Europa. O detective Hércules Poirot, protagonista da obra, encárgase de investigar o caso e descubrir a identidade do culpable.
A novela destaca pola súa trama chea de intriga, os seus personaxes ben construídos e un desenlace sorprendente que mantén o interese do lector ata o final. Ademais, invita a reflexionar sobre a xustiza, a moral e as diferentes perspectivas sobre o crime.
Resultou unha lectura moi recomendable para as persoasdo club afeccionadas ás historias de misterio e investigación.





No hay comentarios:
Publicar un comentario