O achado do castro, Manuel Núñez Singala
2º de ESO
Moi breve e interesante, esta obra está ambientada na Roma antiga pero modifica a lingua e fai que os personaxes usen vocabulario e xiros actuais, o que provoca situacións moi divertidas. Temos un emperador algo parvo (pai da moza namorada), uns namorados MANOLITUS e CARMIÑAE, a nai del, ARPEXIA (moi interesada no emperador), escravos, dous soldados e dous ladróns (un listo e un tonto) e o sabio CITRÓN que é suplantado por un ladrón.
Relata unha historia de amor con sentido do humor, os
anacronismos danlle un toque disaparatado pero con todo, a historia faise
crible. Sendo moi breve, dá a sensación de ser longa e interesante; lévate a
buscar termos como :
TRICLINIUM, SESTERCIOS, CUADRIGA, EPIGRAMAS...
Comentario elaborado por Sofía, Celia, Ariadna, Anabel e César.

Preocupado pola normalización da lingua publica ensaios como En galego, por que non?, Longa Lingua, o relato Os
contos da Mesa, e a peza teatral A comedia
bífida.
Extra: Un par de imaxes da representación da obra no instituto.
Extra: Un par de imaxes da representación da obra no instituto.
Esta historia estamos a lela no club de lectura de 2º de ESO(Celia, Sofía, César, Anabel, Ariadna), estamos de acordo co comentario posto que FOI ELABORADO POR NÓS. :)
ResponderEliminarRealmente é moi recomendable para todas as idades.
O ano pasado alumnos do centro representárona, César interpretou o papel de Manolitus, aínda se acorda de todo o papel de memoria!!
Pido disculpas pola autoría; un pequeno despiste xa arranxado, espero. Tamén estou esperando algunha foto da representación para colgala na entrada. ;)
EliminarHola, yo estaba buscando tres ejemplos de ancronismo en "O achado do castro",me podeis ayudar,es que me dejé el libro en clase,gracias.
ResponderEliminar