O neno do pixama de raias, John Boyne.
1º e 2º de ESO.


Publicado no 2006, esta obra do escritor irlandés John Boyne narra a historia de Bruno, un neno de nove anos fillo dun comandante ao cargo dun campo de concentración nazi. A historia, malia estar contada en terceira persoa, relata os feitos desde a visión dun cativo inocente, o cal non entende moi ben o que está a suceder. Vendeu máis de 5 millóns de copias en todo o mundo.
Para ver unha presentación do libro preme
aquí.
O que máis me impactou desta obra foi a ignorancia do neno ante o que pasaba, aínda vendo todo e téndoo diante dos ollos non o entendía. Era coma se se negara a entender.
ResponderEliminarA min gustoume o cambio de Gretel, está moi ben explicado como tira as bonecas e pon mapas nas paredes para seguir as noticias da guerra, medra e faise adulta mentras o seu irmán segue sendo un neno e non entende nada.
ResponderEliminar