miércoles, 3 de abril de 2019

Visita do escritor Carlos Negro

O pasado 27 de marzo organizamos a visita do poeta Carlos Negro ao noso centro tendo como resultado un éxito rotundo. Tanto o alumnado como o profesorado asistente quedou entusiasmado coa complicidade co autor. Deixamos aquí unha pequena mostra desa visita.

lunes, 21 de enero de 2019

Dous clubs de lectura reunidos

O pasado martes pola tarde  reunimonos na biblioteca os Rebuldeiros de 3º de ESO e os do club de lectura de inglés para aunar estratexias de cara á elaboración de booktrailers sobre as nosas respectivas lecturas. Compartimos espazo e moitas ideas....moi tolas.

domingo, 30 de diciembre de 2018

O Carteiro de Bagdad

En 3º ESO lemos: O carteiro de Bagdad, Marcos S. Calveiro. 
Elaboramos un power point para situar a obra: autor, lugares en guerra, a cultura musulmá: minaretes, mesquitas, moeda, relixión, ... Falamos de: Temas: as guerras, os nenos nas guerras, conflitos polo petróleo, enfrontamentos pola relixión, cidades destruídas, culturas arrasadas... A importancia dos libros (destrución das bibliotecas/protección do petróleo), o valor das cartas, as lendas como evasión, a superación das dificultades, o amor do pai...a amizade, ... 
Para completar a lectura o visionado da película Cometas en el cielo, que trata a mesma temática e valores, deixounos un algo tristeiras, mais tamén esperanzadas, pois a amistade e o amor triúnfa sobre as adversidades.

miércoles, 26 de septiembre de 2018

Clubs de lectura

A todos os LECTORES REBULDEIROS:



domingo, 10 de junio de 2018

I Encontro de Clubs de Lactura da AMAC

O pasado 7 de xuño vimos de asistir a unha fermosísima xuntanza dos clubs de lectura da Área Metropolitana da Coruña. Contamos coa presenza do último premio Nadal, Alejandro Palomas co que pasamos unha tarde inesquecible.

Recordarvos que temos varios libros de este autor: Un Hijo, Un Perro e Un Amor.
Se premedes na foto poderedes acceder a toda a reportaxe do evento

Fin de curso 4º de ESo

As rapazas de 4º de ESO xúntanse para a foto da última reunión.

jueves, 19 de abril de 2018

II Concurso de Microrrelatos do grupo DADO

Os clubs de lectura dos seis centros que conformamos o grupo DADO asistimos á tradicional gala de entrega de premios no Ágora. Os nosos finalistas: Juan Vila e Xabier Martínez de 1º de ESO tiveron unha actuación maxistral.
Deixamos aquí o vídeo-resumo da gala e da actuación de Xabier (ao acordeón) e Juan.

domingo, 15 de abril de 2018

A Neta do Señor Linh

As rapazas integrantes do club de lectura de 4º de ESO elaboran uns pósters interactivos como reflexión trala lectura de " A neta do Señor Linh" de Philippe Claudel.

Póster nº 1 feito por Tania Carril e Sol Pose:


Póster nº 2 por Lucía Gándara e María Sol Pose

jueves, 22 de febrero de 2018

LEDICIA COSTAS no noso club de lectura.

Emotiva charla para a nosa rapazada lectora e a que nos veu visitar doutros centros: IES Rafael Dieste, IES Ramón Menéndez Pidal, IES Monelos e IES Agra do Orzán.

Grazas a todos por compartir esta experiencia e especialmente ao grupo de alumnas do club de lectura de 2º de ESO e á súa profesora, Carme Manso, por facer unha magnífica presentación da escritora.

Se premedes na foto poderedes ver unha reportaxe fotográfica do evento.
Integrantes do club de lectura de 2º de ESO con Ledicia Costas

LEDICIA COSTAS no noso club de lectura

miércoles, 14 de febrero de 2018

Visita da escritora LEDICIA COSTAS ao noso centro

O alumnado rebuldeiro de 2º de ESO ten a grandísima honra de poder falar e escoitar á autora de Jules verne e a vida segreda das mulleres planta e outra máis que tamén se leron noutros clubs de lectura.
Virán de visita tamén integrantes dos clubs de lectura do IES Rafael Dieste,  do Menéndez Pidal e do IES Monelos.
Esperamos poder gozar da visita de LEDICIA COSTAS.

Deixamos aquí tamén a interesante exposición coa información da obra que deixaremos na entrada do instituto.


lunes, 13 de noviembre de 2017

Reunión Club de Lectura de 3º de ESO

A semana pasada reuniiuse o club de Lectura de 3º de ESO. Entre outras cousas sacaron a foto de grupo e falaron da obra que están a ler: Mentira de Care Santos.


domingo, 28 de mayo de 2017

Gala de entrega dos Premios DADO 2017

O pasado martes 23 a rapazada dos nosos clubs de lectura asistiu a  unha gala no Ágora organizada polo grupo DADO para festexar as Letras Galegas e facer entrega duns premios aos mellores microrrelatos de entre os seis centros participantes (IES Monelos, Agra do Orzán, Elviña, Zalaeta, Rafael Dieste e nós, claro está) Desgraciadamente non acadamos ningún dos galardóns pero as nosas rapazas participantes dos Rebuldeiros de 1º de ESO fixérono moi ben e pasaron un bo rato. Outra vez será.
Parabéns tanto aos premiados como aos organizadores: profesores e alumnado do IES Ramón Menéndez Pidal (Zalaeta) e persoal da biblioteca Municipal do Ágora.

Aquí vos deixamos un pequeno reconto gráfico do evento.


Premios DADO 2017 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Ea aquí tendes a actuación das rapazas de 1º de ESO

lunes, 24 de abril de 2017

Concurso de Microrelatos. "GRUPO DADO" 2017




CONCURSO DE MICRORRELATOS 2017
1.- REQUISITOS DO TEXTO

            Os textos terán que ser escritos en galego e terán unha extensión máxima de 150 palabras, sen incluír o título.
            Serán orixinais, inéditos en calquera medio e/ou soporte (incluido online) e non terán sido premiados en ningún certame con anterioridade. Os participantes responden ante os seu centro e ante as Bibliotecas Municipais da Coruña da autoría e orixinalidade do microrrelato, asumindo a total responsabilidade ante terceiros.

            En canto a temática, será valorado moi positivamente que estea relacionada cun dos libros lidos o presente curso nalgúns dos clubs de lectura dos 6 institutos que integran o Grupo Dado; pero non é obrigatorio.

2.- ENVÍO DOS ESCRITOS

            Os microrrelatos orixinais deberán ser remitidos por correo electrónico ao encargado/a da biblioteca de cada IES que participa neste proxecto   No asunto deberá figurar “Certame Microrrelatos-GRUPO DADO”.

3. PRAZO DE PRESENTACIÓN

O prazo de presentación dos textos comeza o 15 de marzo e remata o 15 de abril.

Coñecidos os microrrelatos gañadores por centro, abrirase unha nova convocatoria a concurso que será a da súa presentación orixinal e creativa no Ágora o Día das Letras Galegas. Para apuntarse a esta categoría tamén haberá que dirixirse ao responsable de cada biblioteca de centro nun prazo extraordinario que terá lugar entre o 20 de abril e o 5 de maio

4.- RESOLUCIÓN DO XURADO

            Estará composto por persoas designadas polas Bibliotecas Municipais da Coruña. Os autores seleccionados serán notificados vía telefónica para estar presentes no acto de entrega do premio que se realizará no Centro Ágora con motivo da celebración do Día das Letras Galegas.

5- PREMIOS

CATEGORÍA A: 1º e 2º de ESO


            1º premio: 60 euros nun vale dunha librería coruñesa + agasallo literario

            2º premio: 40 euros nun vale dunha librería coruñesa + agasallo literario

            CATEGORÍA B: 3º e 4º ESO; 1º e 2º de BAC

            1º premio: 60 euros nun vale dunha librería coruñesa + agasallo literario

            2º premio: 40 euros nun vale dunha librería coruñesa + agasallo literario

CATEGORÍA C: Pola orixinal presentación no Ágora dos Microrrelatos escollidos por cada centro con este fin

1º premio: 60 euros nun vale dunha librería coruñesa + agasallo literario

2º premio: 40 euros nun vale dunha librería coruñesa + agasallo literario


lunes, 2 de enero de 2017

Matilda


Un ano máis botamos a andar o Club de lectura de 1º ESO no Monte das Moas e xa vedes que riseiros coas falcatruadas de Matilda!.
Estamos a preparar algunhas actividades para os compañeiros, contamos coa vosa participación nos xogos propostos.
Ata a próxima entrega colegas!