miércoles, 10 de abril de 2024

CLUB DE LECTURA 4º ESO. 2º TRIMESTRE

 

No segundo trimestre decidimos ler un clásico deste mesmo subxénero: Asesinato en el Orient Express, de Agatha Christie, maestra internacional do xénero policial. Trátase dun referente universal e dun dos casos máis famosos do detective belga Hércules Poirot, e resultou moi entretido para o alumnado que practicaron as súas dotes deductivas nas dúas primeiras sesións. Como colofón a esta segunda lectura, adicamos a sesión do luns 8 de abril ao  mediodía ao visionado da película homónima, dirixida por Kenneth Branagh no 2017, sesión á que se sumaron tamén outros alumnos que non formaron parte do club de lectura, pero que o solicitaron tras os comentarios dos integrantes do club.




No hay comentarios:

Publicar un comentario