jueves, 13 de junio de 2024

VALORACIÓNS DO CLUB DE LECTURA EN LINGUA GALEGA

 

VALORACIÓNS SOBRE O CLUB DE LECTURA EN LINGUA GALEGA


Apunteime ao club de lectura porque me encanta ler e non hai mellor maneira de facelo que nun club coas miñas amigas e compañeiras.

O libro que máis me gustou foi O señor Ibrahim e as flores do Corán porque amosa unha historia de superación dun neno que non naceu na mellor familia, pero coa axuda dunha boa compañía, tivo un futuro mellor.

O roteiro sobre Luisa Villalta foi unha marabillosa experiencia literaria que demostra que ler é algo máis que un libro. Ler é unha forma de unir á xente.

Gabriela López Iglesias (1º Bach A)


Este ano o club de lectura foi das mellores actividades do curso. Encantáronme todos os libros que limos, especialmente no primeiro trimestre, cando o normal era que polo menos un non me gustase. Como actividade final fixemos un roteiro, coñecendo un pouco máis a obra de Luisa Villalta e vendo os lugares máis simbólicos nela; foi a mellor actividade do club.

Durante todo o ano coñecemos moitos autores e traballamos distintos xéneros. Foi sen dúbida o mellor ano no club de lectura, recoméndoo moito.

Ana María Polanco Ramos (1º Bach B)


Quería compartir contigo a miña experiencia deste ano no club de lectura, e a verdade é que só teño cousas positivas que dicir. Aprendemos moito e, ademais, foi moi divertido.

Gustáronme todos os libros que lemos, pero se tivera que escoller, destacaría un dos dous primeiros como o meu favorito, os poemarios de Carlos Negro, e o que menos me gustou foi a BD de Memorias dun neno labrego.

Sen dúbida, o que máis me encantou foi o roteiro onde descubrimos tantas cousas interesantes sobre Luísa Villalta.

Moitas grazas por implicarte tanto e facer desta experiencia algo tan especial.

Sofía Calderón Iglesias (1º Bach B)


Este ano participei no Club de Lectura, todas as obras foron moi interesantes pero as de Luísa Villalta foron as miñas favoritas, O Papagaio foi a máis impactante e encantoume descubrila. Recomendaría esta actividade porque adorei descubrir novos autores e poder ler cousas entretidas que non escollería pola miña conta.

Iria Tosar Porto (1º Bach C)


A min gustoume moito a club de lectura, xa que hai tempo engancheime por completo a ler, e gustoume ver as opinións doutros compañeiros (ademais da miña) sobre un libro que leramos todos. Non sabería dicir algo que non me gustara, a verdade. Penso que estivo ben organizado tendo en conta as outras obrigas escolares. Pero o que si teño claro, é a miña cousa favorita da experiencia e foi visitar a imprenta da avenida de Navarra durante o Roteiro de Luísa Villalta. Fíxome moita ilusión ver como traballaban os libros, ademais das diversas técnicas á antiga que nos ensinaron. Espero no próximo ano, ou cando poida, volver formar parte doutro club de lectura!!

Elisa Blanco Rodríguez (1º Bach B)


Foi unha gran experiencia, descubrín a poesía, un xénero que nunca me chamou a atención e que sen dúbida algunha seguirei lendo. A experiencia do roteiro foi moi interactiva e moi interesante, descubrín moitas cousas tanto da miña cidade como de Luísa Villalta.

Daniela Pita Naveira (1º Bach C)


A miña participación no Clube de Lectura foi moi enriquecedora, disfrutei moito das actividades, sobre todo do roteiro, aínda que non o tivese feito completo. Gustoume a poesía de Luisa Villalta, aínda que o libro que máis me gustou foi O señor Ibrahim e as flores do Corán.

Paula Rodeiro Iglesias (1º Bach C)


Este ano volvín participar no club de lectura e outro ano máis volveume encantar. Neste club de lectura descubrín novos autores e libros que me encantaron e que desfrutei moito. Tamén fixemos un roteiro, que foi a miña actividade favorita, da que máis aprendín e na que vimos moitos sitios. Recoméndolle a todo o mundo participar no club de lectura para gozar dunha actividade tan entretida.

Manuela Noya Silveira (1º Bach C)

O clube de lectura deste ano, ademais de ser o último ano ao que poderei asistir, foi unha grata sorpresa e moi diferente aos clubes doutros anos.

Unha novidade que agradecín foi que lemos sobre todo poesía e banda deseñada, o que foi moi práctico xa que podes lelo do tirón sen ter que parar porque o resto do grupo non le os capítulos que tocan.

Moi diferente do que esperaba e moi entretido ler libros máis curtos sen ser de narrativa permitiu ler unha maior cantidade de libros. 

Ademais a excursión do roteiro agradeceuse!!

Mencía Bergondo García (1º Bach A)


O club de lectura deste ano estivo moi ben, as sesión mensuais axustábanse aos nosos horarios e os libros a ler foron adecuados. Unha das obras a destacar foi a versión cómic do libro Memorias dun neno labrego, tamén teño que recalcar o roteiro literario que foi unha gran experiencia e supuxo unha gran aprendizaxe sobre tanto a literatura galega coma da utilización das imprentas. Aínda que cos exames non se ten tanto tempo e podes non chegar a ler todo, o club é bastante flexible e recomendo a participación neste totalmente.

Carla García Soto 1º BACH A



No hay comentarios:

Publicar un comentario