lunes, 12 de marzo de 2012

O achado do castro


O achado do castro, Manuel Núñez Singala

2º de ESO

Moi breve e interesante, esta obra está ambientada na Roma antiga pero modifica a lingua e fai que os personaxes usen vocabulario e xiros actuais, o que provoca situacións moi divertidas. Temos un emperador algo parvo (pai da moza namorada), uns namorados MANOLITUS e CARMIÑAE, a nai del, ARPEXIA (moi interesada no emperador), escravos, dous soldados e dous ladróns (un listo e un tonto) e o sabio CITRÓN que é suplantado por un ladrón.


Relata unha historia de amor con sentido do humor, os anacronismos danlle un toque disaparatado pero con todo, a historia faise crible. Sendo moi breve, dá a sensación de ser longa e interesante; lévate a buscar termos como :
TRICLINIUM, SESTERCIOS, CUADRIGA, EPIGRAMAS...
Comentario elaborado por Sofía, Celia, Ariadna, Anabel e César.


O autor desta obra, Manuel Núñez Singala, naceu en Lugo no 1963 e logo se traslada a vivir en Vilalba. Estuda en Santiago Filoloxía Galega. Dende sempre é un gran lector e afeccionado á escrita e ás obras de taatro.
Preocupado pola normalización da lingua publica ensaios como En galego, por que non?, Longa Lingua, o relato Os contos da Mesa, e a peza teatral A comedia bífida.



Extra: Un par de imaxes da representación da obra no instituto.

3 comentarios:

  1. IES Monte das moas14 de marzo de 2012, 11:14

    Esta historia estamos a lela no club de lectura de 2º de ESO(Celia, Sofía, César, Anabel, Ariadna), estamos de acordo co comentario posto que FOI ELABORADO POR NÓS. :)
    Realmente é moi recomendable para todas as idades.
    O ano pasado alumnos do centro representárona, César interpretou o papel de Manolitus, aínda se acorda de todo o papel de memoria!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pido disculpas pola autoría; un pequeno despiste xa arranxado, espero. Tamén estou esperando algunha foto da representación para colgala na entrada. ;)

      Eliminar
  2. Hola, yo estaba buscando tres ejemplos de ancronismo en "O achado do castro",me podeis ayudar,es que me dejé el libro en clase,gracias.

    ResponderEliminar