martes, 2 de junio de 2026

Últimas lecturas do grupo de 3ºESO

O grupo de lectura de 3º ESO leu Wonder en inglés durante o segundo trimestre, acompañados pola súa profesora de inglés. Wonder é unha novela escrita por R. J. Palacio que conta a historia de August Pullman, un neno cunha deformidade facial que por primeira vez asiste a unha escola ordinaria. Ao longo do libro, Auggie enfróntase aos prexuízos, ás burlas e ás dificultades para encaixar, pero tamén descobre a amizade, a empatía e a importancia de ser amable cos demais.

Ests fantástico grupo rematou lendo A curva da pantasma, de Fran Alonso, acompañados pola súa titora e Brais, Sara, Antía e Claudia fixeron a seguinte reseña para o blog:

"A curva da pantasma é un libro que recolle as historias e lendas populares galegas e os moderniza, aínda que tamén ten algunha que outra inventada. Cada unha ten unhas dez páxinas. 

En xeral, pareceuns un libro entretido e fácil de ler. Houbo  historias ben adaptadas e outras que non nos gustaron desta adaptación. Atopamos vocabulario avanzado nalgunhas historias e algunhas eran cansas de ler.

As nosas historias favoritas foron "A vella da oficina bancaria", que trataba dunha muller de avanzada idade que ía ao banco, non atenderon os seus problemas tecnolóxicos e acabou vingándose. Tamén "A misteriosa caixa de mistos", que conta a historia dun fumador que entra no bus. O condutor dálle unha caixa de mistos para que acenda un cigarro e nesa caixa había algo impactante".

                                                      


No hay comentarios:

Publicar un comentario