Na última semana do curso 25-26, o luns día 15 de xuño, quixemos agasallar a todos os participantes do Club de lectura e a todos os Colaboradores e Colaboradoras voluntarias da Biblioteca pola súa grata participación, así como a aqueles "Mellores lectores" que nos foron entregando o seu Lecturómetro durante todo o curso.
Tamén entregamos os premios os tres gañadores do Concurso de microrrelatos que o Departamento de Lingua castelá en colaboración coa Biblioteca, celebra todos os anos.
Na celebración acompañounos o noso antigo colaborador Daniel Collazo, así como todos os profesores mediadores da lectura durante o curso. Moitas grazas a tod@s!!
Fixemos moitas fotos, pero seleccionamos só unhas poucas.
Noraboa a tod@s pola vosa axuda e entusiasmo lector!!!
Feliz verán!!










No hay comentarios:
Publicar un comentario