viernes, 19 de diciembre de 2025

CLUB DE LECTURA DE 3º. Primer tirmestre

O grupo de 3º comezou a súa andadura lendo Anna, de Niccolò Ammaniti, unha novela de ficción distópica publicada en 2015. A historia transcorre nunha Sicilia devastada por unha epidemia que acabou coa vida de todos os adultos, deixando os nenos e adolescentes sós nun mundo sen normas nin protección. A protagonista, Anna, loita por sobrevivir e por coidar do seu irmán pequeno mentres busca esperanza nun ambiente hostil e cheo de perigos.

A obra destaca pola súa intensidade emocional, pola descrición dun mundo postapocalíptico moi realista e pola evolución dos personaxes. A través da historia, o autor reflexiona sobre a supervivencia, a perda da inocencia, o amor fraternal e a capacidade humana para seguir adiante mesmo nas circunstancias máis difíciles. É unha lectura impactante que invita á reflexión sobre a sociedade e a condición humana.

Velaquí a reseña e a opinión peroal que algúns membros do club deixaron por escito:


Brais, Sara, Antía e Claudia fixeron esta reseña da súa lectura.



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario