En 1º ESO mergullámonos no mundo de Halloween Horror, mentres que en 2º ESO viaxamos á escuridade e ao misterio da man de dous clásicos da literatura: The Picture of Dorian Gray e Frankenstein. Unha selección perfecta para esta época do ano!
Pero non só lemos...
A partir das nosas lecturas, elaboramos un BOOKFLIX, unha especie de Netflix literario no que cada lector/a destacou tres aspectos importantes da historia e compartiu unha reflexión sobre o seu personaxe preferido. Despois chegou o momento de intercambiar opinións e valorar as nosas lecturas, porque as historias dan moito máis xogo cando as comentamos entre todos!
E, para rematar, non podía faltar un dos momentos máis esperados: TRICK OR TREAT! Intercambiamos candies, compartimos risas e puxemos o broche doce a unha sesión chea de lectura e diversión. Who said reading couldn't be scary... and fun at the same time?
Un Samaín diferente, con moita literatura, inglés e espírito Halloween. Happy Halloween, book lovers! Don't be afraid of the next chapter...
.jpg)


No hay comentarios:
Publicar un comentario