
miércoles, 8 de mayo de 2024
CLUB DE LECTURA 1º BACH: De Memorias dun neno labrego a Luísa Villalta

miércoles, 10 de abril de 2024
CLUB DE LECTURA 4º ESO. 2º TRIMESTRE
No segundo trimestre decidimos
ler un clásico deste mesmo subxénero: Asesinato en el Orient Express,
de Agatha Christie, maestra internacional do xénero policial. Trátase dun
referente universal e dun dos casos máis famosos do detective belga Hércules Poirot, e resultou moi entretido para o alumnado que practicaron as súas dotes
deductivas nas dúas primeiras sesións. Como colofón a esta segunda lectura,
adicamos a sesión do luns 8 de abril ao mediodía ao visionado da película homónima,
dirixida por Kenneth Branagh no 2017, sesión á que se sumaron tamén outros
alumnos que non formaron parte do club de lectura, pero que o solicitaron tras
os comentarios dos integrantes do club.
viernes, 22 de marzo de 2024
CLUB DE LECTURA 2º ESO
miércoles, 20 de marzo de 2024
CLUB DE LECTURA DE 1º ESO NO 2º TRIMESTRE
Neste 2º trimestre o club de lectura de 1º ESO B e C leron El robo del siglo de Ana Alonso.
Estas son algunhas das opinións dos participantes:
“É un libro divertido e imaxinativo; tal vez un pouco infantil, pero merece a pena”.
“É unha perna que sexa tan curto porque daba para máis”.
“É un bo libro para empezar con novelas de misterio”
“O final foi moi inesperado e, encantounos a última execución da historia”.
miércoles, 17 de enero de 2024
CLUB DE LECTURA EN GALEGO EN 1º BACH
Hoxe inaugurouse o Club de Lectura en galego para alumnado de 1º de Bacharelato. Intégrano 14 persoas e a mediadora é a profesora de Lingua Galega e Literatura, Ana Martínez.
Comezamos a nosa quenda de lecturas por poesía en galego da man do poeta Carlos Negro e os seus poemarios Masculino singular e Aplicación instantánea.
Os encontros para comentarmos as obras lidas serán no segundo recreo dos mércores e cunha periodicidade máis ou menos quincenal. Verémonos de novo o mércores 7 de febreiro para analizarmos a obra entre todas as persoas participantes e decidirmos as nosas próximas lecturas.
A seguinte obra proposta é O puño e a letra, compilación de poemas de Yolanda Castaño acompañados dunha banda deseñada que realizaron diferentes ilustrador@s e debuxant@s.
miércoles, 20 de diciembre de 2023
CLUB DE LECTURA DE 1º ESO
Neste 1º trimestre o club de lectura de 1º ESO B e C leron El asesinato de la profesora de lengua de
Jordi Serra i Fabra.
![]() |
| Alumnado do Club de Lectura de 1º ESO |
Estas son algunhas das opinións dos lectores:
“O libro trata dunha profesora que está cansada das malas notas dos seus alumnos; ata que un día, á
profesora se lle ocorre facer unha tolemia.....”
“Ana, Gaspar, Tasio ademais doutros estudantes colaboradores tentarán evitar que a súa profe favorita
acabe o resto da súa vida nun manicomio ou no cárcere”.
“Encantounos o libro, é moi divertido, inesperado e adictivo”.
“Conta con moitas probas curiosas e interesantes”.
martes, 19 de diciembre de 2023
CLUB DE LECTURA DE 4º ESO
Un pequeno grupo de 4º da ESO,
participante no club de lectura de narrativa en castelán escolleu para o primeiro trimestre unha
novela contemporánea, La estrategia del agua, de Lorenzo Silva,
novela que nos permitiu afondar en moitos temas vixentes na actualidade (os
acertos e os erros do sistema xudicial, os vericuetos da moderna investigación
policial, as inxustizas que provocan as leis, os claroscuros das relacións persoais
e da natureza humana…), da man de dous gardas civís, o brigada Bevilacqua e a
sarxento Camorro. Esta novela foi lida e comentada con moito interés por todos
os participantes.
viernes, 15 de diciembre de 2023
CLUBS DE LECTURA DE 2º DE ESO
Durante o primeiro trimestre do curso os alumnos de 2º de ESO, reunidos en dous grupos, decidiron comezar por ler cómic e novela gráfica, motivados polo lema da Asesoría de BE para este ano: "Unha biblioteca en viñetas".
Así, o primeiro grupo escolleu un cómic en galego do sempre apetecible Goscinny, Astérix en Hispania.
O segundo grupo elexiu a novela gráfica en castelán de Ari Folman e David Polonsky: El diario de Anne Frank. A triste historia da familia Frank recluida nun almacén de Amsterdam desde xuño de 1942 ata agosto de 1944, data na que os seu membros foron descubertos, detidos e enviados a campos de concentración.
Gustounos moito a historia de Anne, a que coñecimos en profundidade e quedámosnos coas súas gañas de vivir, e tamén desfrutamos moito das viñetas, os debuxos e a interpretación gráfica dos autores.
miércoles, 28 de junio de 2023
CLUB DE LECTURA 1º ESO
Nesta ocasión o libro escollido polo alumnado de 1º ESO A e B foi El robo del siglo de Ana Alonso.
A desaparición do diamante no museo, onde foran de visita os protagonistas e os seus compañeiros de clase coa súa profe, e as posteriores pescudas para achar o culpable, fixo que gozasen moito coa súa lectura.
O valor da amizade, a colaboración e a inclusión son piares fundamentais nesta lectura.
viernes, 9 de junio de 2023
CLUB DE LEITURA EM PORTUGUÊS: O MEU PÉ DE LARANJA LIMA
A turma de Português de 3º ESO participou no Club de Leitura em Português no que leram o romance do escritor brasileiro José Mauro de Vasconcelos, O meu pé de laranja lima, do que gostaram imenso.
Algumas das suas opiniões sobre a leitura do romance foram as seguintes:
MARTÍN ROCA SEOANE:
"Surpreendeu-me. Da primeira parte não gostei muito e pareceu-me algo complicado de entender, mas na segunda parte a história melhora muito e achei-a divertida, além de que percebi tudo muito bem.
É um livro que recomendo às pessoas e que não leiam apenas a primeira parte".
DANIELA NAYA TORREIRO:
" Gostei do livro porque acho que é divertido ainda que há algumas partes que não cumpreendi muito bem."
AINHOA VARELA GÓMEZ:
"Gostei bastante do romance já que ensina como é viver com muitas pessoas e como se vive quando não tens boas condições na tua família.
Recomendaria-lho a todas as pessoas da minha idade já que penso que gostariam muito dele."
BRAIS FARIÑA FERNÁNDEZ:
"Eu gostei muito deste romance porque explica uma história muito triste, mas verdadeira e que pode acontecer em qualquer momento. Gostei das diaburas do menino Zezê."
HECTOR FERNÁNDEZ VÁZQUEZ:
"Este livro pareceu-me muito reflexivo e muito bonito, já que tem muitos momentos emotivos.
Recomendo-lho a todos os meus amigos se gostarem deste tipo de histórias autobiográficas."
martes, 6 de junio de 2023
CLUB DE LECTURA EN LINGUA CASTELÁ DE 4º ESO
O Club de Lectura en castelá de 4º da ESO realizou no terceiro trimestre a lectura da obra Éramos mentirosos da escritora americana E. Lockhart. A obra foi moi recomendada por unha das alumnas e xerou gran expectativa entre o grupo, que a desfrutou moito.
viernes, 26 de mayo de 2023
CLUB DE LECTURA 1º ESO A e B
O alumnado do club de lectura de 1º ESO A e B nesta
ocasión leu El asesinato de la profesora de lengua e a través
das súas páxinas fixeron de investigadores/as resolvendo e descifrando probas
para resolver o enigma.
Con este libro aprenderon o importante que é a lectura
e que ler pode ser moi divertido.
martes, 16 de mayo de 2023
SAÍDA DO ALUMNADO DO CLUB DE LECTURA DE 1º ESO AO CENTRO DE TURISMO ECUESTRE
O día 16 de maio tivo lugar unha saída didáctica do alumnado de 1º de ESO pertencente ao clube de lectura "Aprendendo a convivir" ao Centro de Turismo Ecuestre "O Ventoso" da Laracha, organizada polo Departamento de Orientación.
Aquí tedes unha galería de fotos desta actividade.
jueves, 9 de febrero de 2023
CLUB DE LECTURA 1º ESO A
Estes son os integrantes do club de lectura de 1º ESO A e B que leron a obra La rama seca del cerezo de Rafael Salmerón, gañadora do Premio Anaya de Literatura Infantil y Juvenil 2021.
O libro narra a través de dúas liñas temporais unha historia de amizade e superación; unha na Hiroshima da bomba atómica e outra na Hiroshima actual.CLUB DE LECTURA EN CASTELÁN
jueves, 2 de febrero de 2023
CLUB DE LECTURA 2º ESO
domingo, 26 de junio de 2022
CLUBE DE LEITURA EM PORTUGUÊS: A HISTÓRIA DO ROCK
domingo, 19 de junio de 2022
lunes, 13 de junio de 2022
VISITA DO CLUB DE LECTURA DE 1º ESO Á ESCOLA INFANTIL CARRICANTA
O alumnado de 1º ESO participante no Club de Lectura en lingua galega, coordinado como mediadora por Mar Hermida Pico acudiu á escola infantil do Castrillón, Carricanta, para lles contar un conto aos máis de 60 picariñ@s que desfrutaron moitísimo destes contador@s tan entusiastas!!
Nesta actividade de Lecturas Compartidas, o alumnado de 1º ESO fixo unha dramatización do conto Amelia quere un can de Tim Bowley, ademais de agasallaren os miúdos con canciños coloreados por eles mesmos. Tamén prepararon poemas do libro poemario infantil de Yolanda Castaño, Cando eu saiba ler.















.jpg)






























