Durante o segundo trimestre, o Club de lectura de 2º da ESO, fusionado nun só grupo, leu a obra Prohibido leer a Lewis Carroll, de Diego Arboleda e deliciosamente ilustrado por Raúl Sagospe. Este título, amplamente recoñecido con varios premios (entre os que figuran o Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil, 2014 e o Premio Lazarillo de Creación Literaria, 2012) achéganos á obra de Lewis Carroll, Alicia en el país de las maravillas, desde un punto de vista humorístico e sarcástico.
Rímonos moito con el e investigamos novas referencias literarias e culturais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario