jueves, 13 de febrero de 2014

Mi hermana vive sobre la repisa de la chimenea

Os lectores rebuldeiros de 3º de ESO volvemos á carga con esta emocionante primeira novela da escritora  británica Annabel Pitcher que nos leva a un mundo dramático e á vez cómico da man de Jamie, un  rapaz de 10 anos que ten que encontrar o seu sitio na súa familia e no mundo trala morte da súa irmá Rose nun atentado terrorista.
Curiosamente decidimos ler esta novela o 30 de xaneiro, día escolar da paz  e a non violencia, día no que máis que nunca necesitamos unha novela que nos fale de reconciliacións.


Daixamos aquí un par de vídeos: no primeiro coñecemos á autora e a idea que lle levou a escribir o libro, e no segundo coñecemos a Jamie, o protagonista da novela, presentándonos a súa historia.
 Si, xa sabemos que os vídeos están en inglés pero… os rebuldeiros podemos con todo, non si?




No hay comentarios:

Publicar un comentario