jueves, 16 de diciembre de 2021

CLUB DE LECTURA 4º ESO: Caperucita en Manhattan de Carmen Martín Gaite

O clube de lectura de 4º da ESO está integrado por catorce alumnos dos grupos A e B. Neste primeiro trimestre lemos a obra Caperucita en Manhattan, de Carmen Martín Gaite. A novela consta de 14 capítulos, polo que a dividimos en tres partes. 

As reunións desenvolvéronse os martes ao mediodía en horario de 15:45 a 16:30, polo que moitos integrantes quedaron a comer no centro. As sesións tiveron lugar os días 9 e 23 de novembro e o 14 de decembro, data na que comentamos os catro últimos capítulos, fixemos unha valoración global da obra e rematamos coas fotos do grupo. 



 


No hay comentarios:

Publicar un comentario