Enderezo descoñecido, Kressmann Taylor
4º ESO e 1º Bacharelato
No 1938
unha autora descoñecida, de pseudónimo Kressmann Taylor, publica una das obras
máis conmovedoras e rompedoras sobre o nazismo, que soubo ver o verdadeiro
obxectivo desa ideoloxía mentres o resto de Europa e América miraban para outro
lado. Todo iso concentrado nunhas poucas páxinas, baseándose no intercambio de
cartas entre os dous protagonistas.
Para ver unha presentación do libro, preme aquí
Non olvides deixar os teus comentarios sobre a obra.
Extra: Un tráiler da película 84 Charing Cross Road, coa que comparte estilo.
"Enderezo descoñecido" é un libro moi ameno, moi ben escrito e moi documentado en apariencia, aínda que, se se investiga, descóbrese (non sen certa sorpresa) que a autora escrbiu contra o nazismo moito antes da Segunda Guerra Mundial, e baseándose tan só na impresión (moi acertada e próxima á realidade) que lle causaron uns vellos amigos alemáns ó ver de novo a un xudeu antigo compañeiro común. A autora soubo ver antes ca ninguén a ameaza do nazismo, e denunciouna cando todo o mundo pechaba os ollos. Só por iso, xa merece a pena le-la súa obra.
ResponderEliminar