lunes, 13 de junio de 2022

VISITA DO CLUB DE LECTURA DE 1º ESO Á ESCOLA INFANTIL CARRICANTA

O alumnado de 1º ESO participante no Club de Lectura en lingua galega, coordinado como mediadora por Mar Hermida Pico acudiu á escola infantil do Castrillón, Carricanta, para lles contar un conto aos máis de 60 picariñ@s que desfrutaron moitísimo destes contador@s tan entusiastas!!

Nesta actividade de Lecturas Compartidas, o alumnado de 1º ESO fixo unha dramatización do conto Amelia quere un can de Tim Bowley, ademais de agasallaren os miúdos con canciños coloreados por eles mesmos. Tamén prepararon poemas do libro poemario infantil de Yolanda Castaño, Cando eu saiba ler.















No hay comentarios:

Publicar un comentario