miércoles, 1 de mayo de 2019

Premios DADO

Na gala do Grupo DADO de onte o noso alumnado conseguiu premios en  diferentes categorías:
 Na categoría A, Sara Sanz Fonta de 3º de ESO acadou o primeiro premio co seu microrrelato titulado O MEU INIMIGO.  Podedes lelo xunto cos outros relatos finalistas AQUÍ.

 María Tarrío Rodríguez de 4º de ESO B, resultou finalista na categoría B co seu relato MIRÁDEME que podedes ler AQUÍ.

Por outra banda, salientamos que o club de lectura de inglés tamén foi galardoado co primeiro premio de "booktrailers"  ou vídeos de promoción da lectura co vídeo MILK & HONEY , interpretación dalgúns dos  poemas da autora canadiense Rupi Kaur e finalista cun pequeno poema orixinal elaborado trala lectura de "The Little Prince".

 Aquí vos deixamos os vídeos


E, por último, un vídeo resumo da gala cedido pola biblioteca do Ágora

No hay comentarios:

Publicar un comentario