domingo, 17 de mayo de 2015

Celebramos As Letras

O pasado venres 15, os Lectores Rebuldeiros de 2º de ESO pasaron un día moi especial no Ágora xunto con outros clubs de lectura  da cidade (Elviña, Monelos, Zalaeta e Agra do Orzán).
Tivemos a oportunidade de ver o traballo do debuxante José Domingo que nos explicou como é a elaboración dun "cómic".
Trala charla baixamos a facernos unhas fotos no "photocall" da biblioteca para conmemorar o Día das Letras Galegas e despois tivemos a gran sorte de asistir a un recital de poesía da man de Lucía Aldao e María Lado que nos fixo rir e vibrar coa súa singular posta en escea.
Podedes ver aquí a reportaxe fotográfica da xornada.

1 comentario:

  1. Moitas grazas pola difusión e por celebrar connosco as Letras Galegas, alegrámonos de os rapaces e rapazas o disfrutaran. No noso perfil en flickr colgamos varias fotos, que podedes ver nas seguintes ligazóns:

    Fotos do photocall #m8mepresta: http://bit.ly/1npYj92

    Fotos en flicrk do recital poético-musical de María Lado e Lucía Aldao: http://bit.ly/1GcLQBZ

    ResponderEliminar