lunes, 2 de febrero de 2015

GRAN CONCURSO DE RELATOS DE AMOR

Chega o Día dos Namorados e con el a inspiración máis tenra: O Amor.


Na biblioteca queremos ter proba do namorados que estades … da parella, da vida, da familia …  e por iso convocamos este pequeno concurso de letras namoradas.

BASES:
·        O relato pode ter forma de CARTA, POEMA ou MICRORRELATO.
·        Pódese escribir en CALQUERA DAS LINGUAS que se aprenden no noso instituto: Galego, Castelán,Inglés, Francés, Latín, Grego…
·        Terá unha extensión máxima dunha carilla.
·        Entregarase en man NA BIBLIOTECA
·        Data límite de entrega: 13 de febreiro
Os datos persoais: Nome, apelido, curso, colocaranse pola parte de atrás do folio

PREMIOS:
Os premios terán dúas categorías: ESO e BACHARELATO
1º Premio: Dúas entradas de cine máis un pequeno agasallo da biblioteca.
2º Premio: Un paquete sorpresa da biblioteca.

Os premios publicaranse na última semana de febreiro ou primeira de marzo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario