miércoles, 21 de enero de 2015

Xornalistas por un día

O alumnado de 4º de ESO foi invitado pola asociación da Prensa de A Coruña xunto coa Televisión de Galicia a celebrar os 110 anos de historia e xornalsmo na cidade.
 O acto consistiu nunha charla sobre os medios de comunicación e unha actividade práctica na que a rapazada se puxo na pel de auténticos periodistas e gravaron noticiarios, debates e entrevistas nun auténtico plató de televisión montado no Ágora.
Ao finalizar a actividade, que se realizou por turnos, realizamos unha visita guiada a magnífica biblioteca do centro municipal.
Deixamos aquí unha reportaxe fotográfica con algunhas das fotos tomadas do evento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario