lunes, 20 de enero de 2014

Día da Paz

Este ano queremos conmemorar o Día da Paz na biblioteca cunha exposición de novelas, libros de historia, biografías, películas ... un percorrido polos conflitos máis importantes da historia da humanidade, persoas que intentaron resolvelos e emocionantes relatos de ficción que non vos podedes perder.
Se queredes participar no noso concurso non tedes máis que achegarvos á biblioteca e coller as preguntas que teredes que resolver no prazo dunha semana como sinala o cartel. Entregade as vosas respostas na biblioteca en calquera recreo e... BOA SORTE!!!. 
 Haberá un magnífico premio para o/a gañador/a que será elexido/a entre todos os concursantes coas respostas correctas

No hay comentarios:

Publicar un comentario