jueves, 15 de diciembre de 2011

O clan da loba






Cap16.  Sicilia, por fin!
"A través da xaneliña descubriu un espectáculo grandioso: un manto gris azulado cubría placidamente a terra ata onde a vista alcanzaba, parecía un campo de floriñas azuis axitadas  mansamente polo vento: Era, era... o mar!  Anaid  nunca tivera ocasión de ver o mar"  
  "Así que esa era a costa onde segundo Homero, encallou o barco de Ulises ? "  
                                       
Libro recomendado no club de lectura para 3º ESO.
Colección
A guerra das bruxas
Unha historia de bruxas, de mulleres actuais que gardan segredos e que comparten a súa maxia ancestral. Unha historia sobre o pasado dunha familia, o amor, o odio e o sangue que une as nais e as fillas.
Os personaxes: Anaíd, ignoralos segredos que gardan as mulleres da súa familia. Os clans das bruxas Omar viviron ocultos das sanguinarias bruxas Odish e esperaron a chegada da elixida pola profecía.

5 comentarios:

  1. Un libro que realmente é moi entretido e interesante, eu, no meu caso recomendo tanto este como o seguinte, o terceiro está ainda por ver;)

    ResponderEliminar
  2. Eu opino como a miña compañeira. É un libro que ten un pouco de todo: acción, amor, desamor, bruxaría, problemas que afectan ás adolescentes...E, sobretodo, unha boa mestura entre realidade e ficción. É moi entretido e creo que nos vos decepcionará.

    ResponderEliminar
  3. Interesante e intrigante a alusión á Condesa...baseada na Condesa Sanguenta, aquela aristócrata húngara do s. XVI (a maior asasina feminina da historia).

    ResponderEliminar
  4. O Mundo Opaco é un mundo subterráneo ou algo así? Quen o sabe???

    ResponderEliminar
  5. Decateime hoxe, non sei vós....a protagonista chámase ANAID (como unha antiga divinidade...coñecida no mundo grecorromano como DIANA). É outro xogo de palabras ??? Por certo, hai unha cantante australiana que se chama DIANA ANAID (pódese ler do revés nome e apelido)

    ResponderEliminar